Xogos “Ao arredor do conto” na Biblioteca Municipal de Ponteareas todos os xoves de setembro

Os nenos e nenas poderán gozar ‘Ao arredor do conto’ na Biblioteca MunicipalAs xornadas desenvolveranse entre as 18.30 e as 20.00 horas, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal

 

Máis actividades “Ao arredor do conto” todos os xoves de 18.30 a 20.30 horas na Biblioteca Municipal de Ponteareas. Xogos e contacontos acompañarán aos nenos e nenas de entre 5 e 12 anos na súa exploración da lectura dende a diversión. A participación é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que estas xornadas  “queremos animar aos nenos e nenas, e tamén as súas familias, a ler, a contar historias, e a desfrutar da literatura”. Ademais o edil quere dar os parabéns ao persoal da biblioteca “polo seu gran traballo organizando e impulsando estas actividades tan importantes para a cultura da nosa vila”.