Xoga e aprende do medio ambiente!!!

A oficina municipal de voluntariado informa a cidadanía que estes xoves día 11 e o xoves día 18 de xullo desenvolverán unha xornada lúdico didáctica no parque das Pombas de 10:30 a 12:00 horas.

Xoga e aprende do medio ambiente” é o título desta actividade na que non precisas inscribirte, tan só asistir ás 10:30 horas e sacarlle o maior partido a esta xornada enmarcada dentro do programa “Dí non ao plástico” que persegue concienciar á poboación en xeral do grave problema da utilización dos plásticos en concreto e dos residuos en xeral.

Todos os que precisen máis información deben remitirse ao número de teléfono 687 764 516 ou ao enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal

Ven descubrir os nosos xogos sobre residuos, natureza, plástico e moito máis da man da nosa oficina municipal de voluntariado.