Xa está aberta a inscrición para o taller de cociña

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, informa a todas as familias que nestas vacacións de semana santa poderán matricular aos pequenos e pequenas a partir dos seis anos idade no taller de cociña que terá lugar os días 15,16 e 17 na praza abastos.

As familias interesadas deberán solicitar praza mediante mensaxe de whatsapp ou chamada telefónica ao número de teléfono 644 896 840