Volve “Ler conta moito” cada martes na biblioteca pública municipal

Co obxectivo de promover a lectura, a concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a todas e todos os pequenos e pequenas de Ponteareas a participar na actividade organizada pola biblioteca pública municipal “Ler conta moito”. A partir do día 4, todos os martes de agosto en horario de mañá contacontos, cineconto…e moito máis. A actividade comeza con Lorena Pinheiro e “As voltas polo carreiro” ás 11:30 horas na biblioteca pública municipal. Agardámosvos!!!