Volve “Coñece Ponteareas” cunha nova visita ao Castro de Troña

A oficina municipal de Turismo do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e lecer, Normalización Lingüística e Turismo xestionada por Hortensia Bautista, dentro da programación de verán organiza unha visita guiada nocturna ao Castro de Troña que terá lugar o sábado día 12 de agosto.

A visita dirixida a todo o público en xeral, comezará as 22,30 h. no mesmo Castro de Troña.

Esta visita trata de mostrar e por en valor a calidade dos espazos como o Castro de Troña para o goce da visión das Perseidas e das constelacións, ao ser un lugar sen contaminación lumínica.

Carlos Venade será o encargado de dar a charla explicativa sobre astronomía.
Recoméndase levar roupa de abrigo e lanternas. Para mais información chamar á oficina de turismo (673 79 47 62 ou 672 10 54 68) ou enviar un e-mail a turismo@ponteareas.es