Volve a abrir as súas portas a aula de informática CeMIT

Ofrece novos cursos en horario de mañá e tarde con diferentes temáticas e públicos.

A aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), sito na rúa Oriente nº12, reinicia as súas actividades  con novas e variadas ofertas de cursos de informática, organizada por temáticas e idades, co especial obxectivo de salvar a fenda tecnolóxica en maiores e persoas con discapacidade.

O 16 de maio abrirá d 10:30 h. a 12:30 h. e de 16.00 a 18.00. O primeiro curso de Iniciación á informática fechará a súa inscrición o próximo venres 13 de maio e o luns dará comezo e rematará o 27 de maio. Tamén se realizarán curso de Internet para maiores, con remate de inscrición o 18 e comezo o 19 de maio e fin o 7 de xuño; Correo electrónico: Webmail, con inscrición ata o 27 de maio e inicio o 1 de xuño e fin o 10 do mesmo; Redes sociais, inscrición ata o 8 de xuño e comezo o 9 ata 28; e, por último, Aprende a usar o smartphone con feche de matrícula o 17 dexuño e comezo o 20 ata finalizar o 28. Estas dúas últimas aulas terán un horario diferente: a primeira, só de 16.00 a 18.00, e a segunda de 18.00 a 20.00.

CemitBieito2_opt

Este servizo ofrécese grazas á concesión dunha subvención por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. “Animo á veciñanza a asistir á Aula CeMIT e espero que estes cursos de informática sexan de proveito para aquelas persoas que están a iniciar a súa andaina no mundo dixital”, expresa o Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez.