Vista da choiva de estrelas desde o Castro de Troña, en Ponteareas, este mércores

cartel_perseidasEste mércores, día 12 de agosto, ás 21 horas, os amantes da natureza terán unha cita no Castro de Troña, na parroquia ponteareá de Pías, para contemplar as perseidas e a choiva de estrelas neste contorno tan fermoso como é o Castro de Troña, que conta coa denominación de ben de interese cultural.

Esta nova cita, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, encádrase dentro do programa “Coñece Ponteareas” que se está levando a cabo durante os meses de xullo e agosto,  e é unha excelente maneira de achegarnos ao noso patrimonio cultural, así como unha gran oportunidade para contemplar a choiva de estrelas desde un lugar privilexiado pola súa situación xeográfica.

O punto de encontro para participar nesta experiencia será no propio Castro de Troña, o mércores día 12 de agosto, onde especialisas no mundo da arqueoloxía e a astronomía farán primeiramente, ás 21 horas, un achegamento ao mundo castrexo e afondarán na simboloxía do sol para os celtas, onde se poderá asistir unha preciosa posta de sol para, a partir das 22:0 horas, observar a través de dous telescopios o fenómeno das perseidas.