Visitas guiadas no Museo Municipal para celebrar o Día Internacional

museo-municipal-1O Museo Municipal de Ponteareas organiza dúas visitas guiadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro luns 18 de maio. A primeira visita comezará ás 17:00 horas e a segunda ás 19:00 horas. Ámbalas dúas terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Ditas visitas, que serán gratuitas, permitirán coñecer elementos importantes da Historia de Ponteareas, dende a Prehistoria até a Idade Contemporánea.

Todas as persoas que decidan achegarse até o Museo poderán aproveitar para visualizar tamén a exposición temporal “Mulleres Galegas na Historia”, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e que pretende ser unha homenaxe a todas aquelas mulleres que xogaron un papel relevante na historia de Galicia.

Dende a Concellería de Cultura, xestionada por Andrés Sampedro, animan a todos aqueles interesados a se achegar ata o Museo Municipal para coñecer un pouco mellor a historia da vila.