A actividade terá lugar o xoves 20 de agosto a partir das 18:30 horas
A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, xestionada por Hortensia Bautista, organiza unha visita guiada e gratuíta ao convento situado no barrio de Canedo.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer parte do patrimonio histórico da vila, neste caso unha construción que antigamente foi coñecida como o Pazo dos Sarmiento, lugar onde naceu Agustina Sarmiento, que foi inmortalizada no cadro de Velázquez “As Meninas”.
A visita está dirixida a persoas de todas as idades e todas aquelas interesadas deberán estar ás 18:30 horas no propio Convento de Canedo.