Visita guiada á Casa da raposa, en Guláns

Tripticos Setembro ok.cdrDentro das actividades de sendeirismo e de difusión do patrimonio cultural, a Concellería de Cultura ten programada unha visita guiada á Casa da Raposa, con saída ás 10:00 horas desde a Igrexa de San Xulián de Guláns.
O percorrido será guiado por Arístides Carrera Lorenzo, gran coñecedor e estudoso do tema. A casa da raposa é unha construción situada en Guláns, que posúe alto valor etnográfico, cuxo obxectivo era atrapar raposas. Deste foxo soemente escoitaron falar os vellos do lugar, os que transmitiron a súa existencia e que propiciou o seu achado.

Segundo Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, é moi importante seguir transmitindo desde a concellería que dirixe todos aqueles aspectos culturais que posúe Ponteareas e que nos singularizan.

Para poder participar nesta nova saída, é imprescindible a inscrición previa na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, en horario das 7:30 ás 14:30 horas, ou no teléfono 672 105 468, ou na Casa Cultural de Guláns, onde recibirán a información precisa.