Visita da deputada provincial Marta Iglesias a Residencia Santa Ana

residenciaUn ano máis a deputada provincial Marta Iglesias visita a Residencia Santa Ana do concello de Ponteareas; vén a saudalos e desexarlles unhas felices festas.
Foi recibida polo señor alcalde, Don Salvador González Solla, a concelleira de Servizos Sociais e Atención Especializada, Rosa Carrera, xunto coas concelleiras Marisol Valado e Belén Villar e o persoal do centro.
A súa visita veu acompañada dun lote de produtos do Nadal e regalos para todos os residentes ademais dunha actuación dunha banda de gaiteiros, dos que os maiores puideron gozar con entusiasmo.

A Concelleira, Rosa Carrera, sinálanos que “para estas datas tan sinaladas, dende o 24 de decembro ao 5 de xaneiro, a Residencia Santa Ana, ten programadas diferentes actividades que levarán a cabo entidades do concello de Ponteareas de forma gratuíta, así os residentes poderán gozar da Banda de música de Guláns de nenos, do Coro Sentimento, Karaoke de Areas e o Teatro de Xinzo. “