Vinte persoas desempregadas comezan a traballar na mellora dos espazos públicos municipais

O Concello de Ponteareas informa que nestes días se incorporaron vinte persoas desempregadas que prestarán os seus servizos para revalorizar os espazos públicos.

Estas vinte persoas contratadas durante nove meses formarán parte do servizo municipal de obras no marco da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria por un total de 197.181,61€.

En concreto contratáronse oito peóns para horticultura e xardinaría, dous auxiliares administrativos, tres peóns de vías e obras, catro oficiais para mantemento de edificios públicos, un auxiliar de museo e duas limpadoras.

Xerar emprego é o piar básico para o benestar. Os esforzos deste goberno están centrados en dar calidade de vida á cidadanía, mellorando os servizos municipais e espazos públicos mais tamén ofrecer unha oportunidade laboral sobre todo ás persoas en risco de exclusión”, explica Xosé Represas.