Senderismo consciente polo entorno natural de Ponteareas

cartel ponteareas 1 sabadoA vindeira fin de semana levaranse a cabo en Ponteareas 2 xornadas de “Senderismo Consciente”, unha combinación de natureza, andaina e ioga. Segundo os propios organizadores indican, esta actividade, a cal se fai en absoluto silencio, integra unha parte meditativa e deportiva con outra lúdica e de pracer, realizadas nun entorno natural. O lugar escollido para camiñar é A Picaraña e arredores.

Ante a gran demanda de inscritos no primeiro día planeado, o domingo, organizouse outra cita para o sábado 22, ambas ás 10 da mañá. A actividade ten un prezo de 2€, que se aboarán ao monitor o mesmo día (sábado 22 ou domingo 23) no punto de encontro, a porta do Concello. Para inscribirse é necesario pórse en contacto coa concellería de deportes de Ponteareas, indicando nome completo, nº de teléfono, dirección de e-mail e lugar de procedencia. Poden acudir en persoa ou facelo polos seguintes medios: