Vías e Obras visita con Adapta as obras de mellora do Paseo Matutino

sdr

A concellería de Vías e Obras que dirixe a Tenente de Alcalde Chus Garrote visita as obras de mellora do Paseo Matutino cos técnicos e coa presidenta de Adapta, Montserrat Cuevas.

Co obxectivo de garantir o acceso universal e eliminar todas as barreiras arquitectónicas, Montserrat Cuevas comprobou in situ que a mellora desta céntrica rúa contempla os aspectos necesarios para a comodidade e tránsito libre do total da veciñanza. 

Distancias, niveis e posibles barreiras foron analizadas tanto pola concelleira como por Adapta e trasladadas in situ aos técnicos que aportaron solucións e explicaron a totalidade das obras que se van realizar. 

A mellora do Paseo Matutino supón o arranque do concepto estético a seguir polo resto das actuacións e todas na liña dos obxectivos marcados na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” financiada cos fondos de desenvolvemento rexional da UE.

O Paseo Matutino non so estreará beirarrúas e árbores, tamén novas terrazas cun deseño homoxéneo que xerarán un ambiente armónico e agradable para toda a veciñanza e visitantes.