A concellería de Promoción Económica ofrecerá un espazo de actividades infantís gratis baixo a carpa da Praza Maior para que as familias fagan as compras
O comercio pontearéan súmase aos grandes descontos do popularmente coñecido “black friday” e amplía os seus horarios de apertura ata as 22 horas o vindeiro venres día 29 de novembro para que toda a cidadanía dispoña de tempo suficiente para beneficiarse dos prezos exclusivos que os e as comerciantes ofrecerán únicamente mañá venres.
Para apoiar ao comercio local, a concellería de Promoción Económica ofrecerá baixo a carpa da Praza Maior unha zona de actividades infantís dende as 17 horas e ata as 22 horas para que os máis pequenos e pequenas das familias poidan entreterse mentres os adultos realizan as compras no comercio local.
Totalmente de balde e para todos e todas as cativas que queiran divertirse con xogos e obradoiros lúdico-didácticos, así será ese espazo do que disporán durante toda a tarde e ata ben entrada a noite para que o resto da familia poida apreciar os produtos e servizos do comercio local e non perder esta ocasión única de atopar os mellores prezos en artículos de calidade.