Venres de cine en Ponteareas co programa “Mocidade Viva”

Ponteareas acolle este venres unha nova actividade do programa “Mocidade Viva”, posto en marcha pola Concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera. Nesta ocasión trátase da película “Ocean’s 8”, que se proxectará na Sala Multiusos do Auditorio Municipal dende as
21 horas con entrada gratuíta.
Esta película, que combina os xéneros da comedia e a acción, estreouse nos pasados meses logrando unha alta valoración da crítica cinematográfica. Está protagonizada por un elenco feminino recoñecido, formado por actrices como Sandra Bullock, Cate Blanchett ou Rihanna.
A concelleira de mocidade, Verónica Carrera, anima ás mozas e mozos a “asistir á proxección desta película e a participar do conxunto das actividades do programa Mocidade Viva, elaborado polo goberno local tras un amplo proceso participativo no que se tivo en
conta a súa opinión e as súas demandas”.