Ven á Freixa e goza das actividades organizadas pola biblioteca pública de Ponteareas

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, anima a todas as familias a participar na actividade que organiza a biblioteca municipal na praia da Freixa, Bibliofreixa. Todos os mércores de xullo e agosto de 18 a 20  horas, fronte ás terrazas de A Freixa, os nenos e as nenas poderán participar nas actividades de marcapaxinas, colorea o verán, xogos, obradoiros, contacontos, música e moitas outras sorpresas.

Fernando Groba explica que estas actividades dirixidas á infancia levan a biblioteca aos espazos públicos promovendo a lectura e o mundo máxico das letras.