O V FESTIVAL GROBA PRESENTA O DISCO “GROBA, OBRAS PARA ORQUESTRA”

No marco do V Festival Groba a Orquestra de Cámara Galega presenta o disco “Groba, Obras para Orquestra” gravado  pola Orquestra de Cámara Galega e Rogelio Groba Otero no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e no Teatro Colón de A Coruña.

Baixo a dirección artística de Rogelio Groba Otero e como técnico de son Pablo Barreiro a Orquestra presenta unha hora de música clásica con obras do mestre Rogelo Groba Groba, o máis prolífico e importante compositor galego desde mediados do século XX, nado na parroquia de Guláns, Ponteareas.

Coa colaboración do Concello de Ponteareas, da Orquestra de Cámara Galega, Radio Galega e de Demúsicade, neste disco escoitaremos as suites Intres Boleses, composta por seis movementos, Bagatelas con catro movimientos e Fausto, Danza de Albae Polas Rúas de Ponteareas, todas elas composicións que o mestre Rogelio Groba Groba compuxo en diferentes momentos da súa traxectoria como creador musical. 

Como primicia e única oportunidade para adquirir o disco, a organización porao á venda o venres día 18 no auditorio municipal coincidindo cos concertos de clausura do V Festival Groba.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O DISCO

INTRES BOLESES Suite barroca 1978 

Adicada ao seu amigo Tono Ávila. Fai referencia a diversos momentos vividos na localidade ourensana de Viana do Bolo, poboación que induce ao autor a facer unha suite neobarroca que rezuma frescura, espontanei- dade e galeguidade, características desa produción ecléctica que atopa en Groba un mensaxeiro de espíritus pasados en tempos presentes. 

CATRO BAGATELAS Suite 1995 

Obra espontánea na súa sencillez, como un punto de xocosidade, foi ideada inicialmente para que dous violíns xogasen con melodías tradicio- nais dotándoas dunha nova forma. Con todo, unha vez rematada, considerou que tamén poderían recrearse estas melodías cun material máis amplo e de ahí naceron as versións para cuarteto de corda e ésta, para orquestra de cordas. 

O FAUSTO 2008
Adaptación para orquestra da peza homónima do Libro primeiro de 

Tipoloxías. Escola de piano galego. 

A obra Tipoloxías é un método ideado polo autor para o estudo de piano a partir de retratos psicolóxicos de persoas reales que nalgún momento formaron parte da súa vida. Neste caso, Fausto nada ten que ver coa personaxe literaria se non que fala da fastuosidade coa que algunhas persoas se comportan, como se o mundo xirase ao seu arredor, esa arrogancia tan chamativa como vacía, pomposidade e ostentación puramente exhibicionistas. 

DANZA DE ALBA 2003 

Pequena composición adicada á súa segunda neta Alba. Obra dinámica e alegre na que toma como base as danzas tradicionais galegas, aínda que desdibuxadas e manipuladas baixo a súa propia perspectiva musical. Composición espontánea, case dictada polo subconsciente o que a dota dunha importante dosis de frescura. 

POLAS RÚAS DE PONTEAREAS 2005 

Obra adicada ao pobo de Ponteareas como sinceira mostra de agrade- cemeento polo seu nomeamento como Fillo Predilecto: un rotundo e profundo grazas co que o autor reflexa sobre o pentagrama algunhas das súas lembranzas relacionadas coa vila na que naceu, medrou, namorou- se, disfrutou e deu os sus primeiros pasos como músico. De tódolos premios e recoñecementos recibidos ao longo da súa carreira, éste foi, sen dúbida, especialmente significativo. 

Rogelio Groba Otero 

Naceu na Coruña e funda a OCGa en 1995 da que é desde entonces o seu director concertino. É profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. 

Actuóu nas principais salas españolas, en Francia, Austria, Italia, Holan- da, Inglaterra, Argentina, Uruguay, Chile, Colombia, Venezuela, Estados Unidos… 

Desde 2013 é tamén o director artístico do Festival Groba que reúne en Ponteareas a un gran número de intérpretes de prestixio internacional no eido da música de cámara. 

ROGELIO GROBA GROBA

Rogelio Groba Groba é un dos compositores máis importantes da segunda metade do século XX. Con máis de 700 obras no seu haber, é sen dúbida, o autor máis prolífico de Galicia e no seu catálogo podemos encontrar representados tódolos xéneros, desde as 6 óperas, sinfonías, concertos, música de cámara, ballets, cantatas… 

Director do Conservatorio Superior de Música durante 20 anos, director da Banda Municipal de A Coruña, director da Orquestra de Cámara de A Coruña, director asociado da Orquestra Sinfóni- ca de Galicia na súa fundación, desde 1990 dedícase só á creatividade musical, campo no que foi recoñecido co Premio Internacional de Composi- ción Dante Luini convocado pola Radio Televisión Suisse Romande (1972), o Premio da Crítica Galega (1979), o Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), a Medalla Castelao (1995), o Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia (2004), e o nomeamento como Fillo Predilecto da súa vila natal en 2005.