Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue visitará Ponteareas o vindeiro luns 20 de marzo

Estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue visitará Ponteareas o vindeiro luns 20 de marzoUnha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará de novo Ponteareas a vindeira semana para todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de area. O autobús estará o luns 20 de marzo na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Ademais, é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar e informar ao médico de que se está a tomar algún medicamento.

A concelleira de Saúde e alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, lembra que cada día a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos hospitais galegos, que recolle unha sangue que despois é procesada e analizada nas dependencias centrais. Só deste xeito é posíbel enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de persoas doentes os 365 días do ano.