O Concello de Ponteareas ven de facer efectivo o pago de 39 subvencións, por un importe total de 37.500€ da liña de axudas para o fomento da creación de emprego. Esta liña de subvencións foi creada no actual mandato grazas á renuncia de Xosé Represas ao seu soldo de alcalde tras a súa toma de posesión.
Foron atendidas todas as solicitudes presentadas por parte das empresas e emprendedores de Ponteareas que crearon o seu propio posto de traballo, que contrataron novo persoal ou que mudaron a modalidade dos contratos e que cumprían os requisitos da convocatoria.
Un total de 33 persoas que estaban en desemprego recibiron mil euros cada unha por darse de alta de autónomos creando o seu propio posto de emprego.
Ademais dentro desta liña de subvencións e co obxectivo de contribuir á estabilización do mercado laboral, otorgáronse catro mil euros por conversión de contratos de temporal a indefinido e tamén se subvencionou con trescentos euros un contrato de formación e aprendizaxe e outro con douscentos euros por un contrato de prácticas.
Represas manifestou a súa satisfacción por lograr incentivar a creación de emprego en Ponteaeas, un dos concellos con maior taxa de desemprego, “a creación de emprego e incentivar a actividade económica é un dos nosos obxectivos prioritarios e cada ano destinaremos máis recursos para acadalo”.
O Alcalde anuncia que no vindeiro mes abrirará o prazo dunha nova convocatoria por un importe total de 50.000€ da que se poderán beneficiar tanto os emprendedores a título individual que acceden por primeira vez ao mercado laboral como empresas que queiran contratar novo persoal ou aquelas que vaian mudar a modalidade dos contratos temporais a indefinidos. Terán cobertura tanto os que se xeneraron en 2017 como os que se produzan nestes primeiros meses de 2018.