Un mundo de lectura nos ebooks gratuítos

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, actualiza os recursos lúdicos e didácticos que ofrece para todas as familias na páxina web do Concello.

Co obxectivo de superar todas e todos xuntos esta crise sanitaria e de que o tempo no fogar fose e siga a ser o máis proveitoso posible, seguimos engadindo suxestións á nosa lista de recursos lúdicos e didácticos que atoparedes na nosa páxina web no botón “Recursos lúdicos e educativos”. Para esta fin de semana deixámosvos unha listaxe de ebooks para descargar de xeito gratuítos e sesión de cine. 

Preme nesta ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf e atoparás máis xogos, vídeos, música, artesanías, lectura, experimentos, receitas e moitas máis ideas para xogar só ou en familia.

Na nosa listaxe poderás tamén atopar propostas para alumnado de infantil e de primaria deseñadas polo equipo escola infantil municipal e pola mestra de primaria Susana Lamela.