Un mundo cheo de aventuras e aprendizaxe na ludoteca municipales

A ludoteca municipal, dependente da concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe en funcións Verónica Carrera, informa que se vai abrir o prazo para incribirse nas actividades do verán.

Todas as familias interesadas deberán realizar a inscrición o 25 e o 26 de xuño de 9:30 a 14:00 horas ou de 16:00 a 20:00 horas nas instalacións da ludoteca ubicadas na avenida Castelao nº23, local 1.

Na ludoteca poderán inscribirse nenos e nenas ou mozos e mozas de entre 6 a 16 anos de idade.

Saídas medioambientais, obradoiros de tatuaxes de henna, defensa persoal, xogos de educación ambiental, cooperativos-predeportivos, itinerarios de interpretación práctica, cociña e repostería, manualidades, xincanas… e un longo etc de actividades coas que a ludoteca propón pasar o verán de xeito divertido e tamén didáctico.

O prezo por mes é de 14,64 euros por cada inscrito.

Verónica Carrera adianta que a ludoteca municipal é un servizo de apoio ás familias para unha mellor conciliación familiar e laboral.