Últimas semanas para participar no concurso/sorteo ‘Eu Creo Na Casa’ do Concello de Ponteareas, unha campaña en apoio ao comercio local

O concurso “Eu Creo na Casa” ca recibiu 160 creación que participarán no sorteo de bonos de compra no comercio local.

A campaña, baixo o lema e o hashtag #FaiPonteConNós, terá lugar ata que finalice o estado de alarma no Facebook e Instagram da Concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas

As persoas interesadas poden participar a través do Facebook e Instagram da Concellería

 

O comercio local interesado en adherirse á campaña #FaiPonteConNós pode anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@ponteareas.gal

 

Últimas semanas para participar no concurso ‘EU CREO NA CASA’ organizado polo Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Promoción Económica. A finalidade deste concurso é descubrir a potencialidade creativa realizada nas vivendas de todas e todos os ponteareáns durante o estado de alarma, por mor do Covid19, premiando a súa creación e sorteando 440 vales de compra de 20€ e 24 premios extraordinarios de 50€, que despois deberán gastar no comercio e hostalería locais.

A campaña, que se desenvolve baixo o hashtag #FaiPonteConNós, ten como obxectivo axudar ao tecido económico do concello que está a sufrir os efectos da pandemia. Agora máis que nunca é preciso mercar e consumir no pequeno comercio local para que poidan saír adiante.

Establécense 12 categorías de participación con diferentes persoas gañadoras en cada unha delas. O concurso estará dotado cun total de 10.000 € a investir en todos os comercios do municipio e sector da hostalería e restauración local obrigados a pechar ou que mermaron a súa actividade comercial.

Ata o momento presentáronse máis de 160 creacións por parte da veciñanza, e as categorías con maior participación son a de fotografía dende a casa, artes plásticas, poesía oral e escrita e cociña e receitas, polo que aínda quedan moitos vales por obter, non fai falla que sexas un experto en redes sociais nin en vídeo, xa que podes optar aos vales a través de categorías nas que podes participar con textos, fotografías e debuxos.

 

As bases do consurso e sorteos poden consultarse na páxina web do concello www.ponteareas.gal e nas redes sociais da Concellería de Promoción Económica.