Últimas prazas para o obradoiro de escritura creativa

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba lembra que aínda quedan prazas para participar no obradoiro de escritura creativa que ten lugar os martes de 18 a 20 horas na biblioteca pública municipal. 

Impartido pola escritora María Lado é totalmente de balde, financiado por esta concellería, e as interesadas e os interesados poden ter máis información no número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es