Última oportunidade para degustar os Bocados de Outono

sdr

A concelleria de Hostalería e Comercio que dirixe Inés Vidal procedeu ao segundo sorteo dos vales do roteiro gastronómico Bocados de Outono. 

Cada semana son seis os agraciados cos vales por valor de vinte euros que poderán desfrutar nos locais participantes nesta cuarta edición de Bocados de Outono. 

Mañá venres e o sábado entre as 20 horas e as 00:00 horas todos e todas os que se acheguen a Ponteareas poden degustar estes petiscos de outono por tan so dous euros cada un.

Inés Vidal anima a todas as familias a darse unha volta polo centro e desfrutar da boa gastronomía que os hostaleiros de Ponteareas ofrecen. 

Esta fin de semana é a última oportunidade para coñecer as propostas gastronómicas dos doce locais participantes. 

Receitas suculentas e con produtos de tempada que ofrecerán a clientela unha mostra do bo facer da hostalería de Ponteareas.

Dende receitas tradicionais a pinchos innovadores que espertarán a curiosidade dos paladares.

O lacón e os grelos pisan forte podéndose degustar en hamburguesa ou tosta. Os cogumelos, as castañas, o millo, o solombo e un sinfín de ingredientes serán combinados para sorprender aos que queiran desfrutar dos mellores bocados do outono.

O Mama Fina, Casa Ferreira, A Casa da Triga, a tapería O Muíño, a viñoteca Eira Vella, a tapería MacDona, Quo Vadis, A Xanela Gastronómica, a cervexería Balú, a bocatería McBuba, a tapería A Fragha e a cafetería Cortiñas son os vintes locais donde poderán degustar os pinchos da IV ruta Bocados de Outono.

Participar ten premio!