A terceira edición das xornadas de teatro amador chegan a súa fin cun récord de público que ateigou o auditorio municipal en cada función. Este sábado 26 subirase ao escenario o grupo de teatro Ilusionistas coa obra “A festa da primavera”. Un espectáculo para todos os públicos que tentará enfeitizar, sobre todo, ao público máis novo.
O prezo da localidade será de 2 euros e, como de costume, ao remate da obra sortearánse agasallos entre o público.
Ás 20:30 horas, este grupo de Ponte Caldelas será o encargado de clausurar esta terceira edición que medrou en número de asistentes consolidándose como unha cita ineludible da programación cultural.