Troulada de Verán aséntase como unha cita na axenda de lecer

Banastra agradece ás comparsas participantes o espectáculo ofrecido durante o desfile da primeira edición de Troulada de Verán e ao público participante a boa acollida que lle deron a esta iniciativa.
Durante a noite do sábado foron moitos os que seguiron o desfile das comparsas que sairon dende o Paseo Matutino ata a avenida Castelao e tamén moitos os que gozaron da noite musical disfrazados e sen disfrazar.
Dende a organización destacan a boa acollida que tivo a actividade e adiantan que a partir da última semana de agosto arranca a campaña que sorprenderá aos clientes con agasallos e premios.
Banastra supón a unidade de máis de 180 comercios, hostalería, servizos e praza de abastos que traballan na promoción e dinamización do comercio local pondo en marcha iniciativas que melloren e den servizo non só aos veciños de Ponteareas senoón tamén aos de toda a comarca do Condado e da Paradanta volvendo ser o centro de referencia comercial no que se poden atopar produtos e servizos para toda a familia a prezos competitivos.