Tres mozas fanse cos premios do concurso de fotografía “Ponteareas e a saúde”

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregaron os premios do concurso de fotografía “Ponteareas e a saúde” enmarcado na IV edición da Semana das Ciencias.

Cristina Fernández en nome de todo o goberno felicita a Carmen Covelo Méndez, alumna do CEIP Feliciano Barrera de Guláns; a Itahisa Navarro Muñoz, alumna do IES Do Barral e a Marta Álvarez Álvarez, alumna do CEIP Feliciano Barrera de Guláns polos seu primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente.

A concelleira salienta a importancia de involucrar á mocidade e á infancia no futuro da súa cidade.

Fernández Davila traslada tamén o seu agradecemento ao alumnado participante que fai posible este concurso, así como a todo o profesorado implicado e aos membros do xurado.

As fotografías participantes puidéronse ver no marco da IV Semana das Ciencias na sala multiusos do auditorio municipal Reveriano Soutullo.