Un tren turístico amosará aos visitantes o patrimonio histórico de Ponteareas

A Concellería de Turismo do Concello de Ponteareas presenta o tren turístico do Condado que esta fin de semana e catro días ao mes amosará aos pasaxeiros os principais exemplos da riqueza histórica de Ponteareas.
A Concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, explica que este tren ofrecerá tres ruta, unha gastronómica, unha enoturística e outra turístico-histórica. A primeira ruta contempla visita a Canedo, a adega Rubén cunha cata maridaxe con produtos típicos da comarca e unha visita a confiteiros da zona; a segunda ruta é igual pero non visita aos mestres confiteiros e a terceira ruta é circular polo centro urbano e conta cunha parada de dez minutos no convento de Canedo.
As rutas desenvolveranse este xoves, venres, sábado, domingo e luns e catro días ao mes dende hoxe aoves día 7 de setembro. O xoves, venres, domingo e luns o tren sairá cada hora da Praza Bugallal dende as dez da mañá ata a unha do mediodía e dende as catro da tarde ata as nove da noite, nese mesmo horario pero con saída dende o lateral do concello partirá o sábado; calquera interesado pode subirse ao tren turístico a partir de cinco euros cada viaxe.
A ruta turístico-histórica custará 5 euros por persoa cunha duración de 45 minutos, ea ruta enoturística de tres horas de duración, que inclúe guía, é con reserva previa e custará 15 euros por persoa; a ruta gastronómica custará 15 euros por persoa e durará catro horas previa reserva. Os nenos de cinco anos non pagan e os nenos de seis a dezaoito anos pagarán 10€ na ruta enoturística e gastronómica.
Todos os que queiran obter máis información deben porse en contacto coa empresa xestora do tren turístico, Salvaturismogalicia,no teléfono 986 182 908 / 886 216 447 ou a través do enlace electrónico http://www.salvaturismogalicia.com
O tren turístico dará a coñecer os recunchos máis senlleiros do centro urbano e promocionará o patrimonio natural, gastronómico e cultural de Ponteareas.