Trece clubs de Ponteareas reciben novo material deportivo

O concelleiro de Deportes Benito Márquez entregou o equipamento a clubes de fútbol, tenis, natación, ciclismo, patinaxe e bádminton, concedido pola Deputación de Pontevedra

IMG-20160526-WA0006

O material doado ás entidades deportivas locais consiste en 273 balóns de fútbol, 60 pelotas de tenis, 187 bandas elásticas, 173 conos, 120 cordas de salto para ximnasia, 280 esteiras, 344 petos, 107 picas, 14 redes de fútbol e 3 redes de tenis.

Participaron do reparto de equipo deportivo o Club Tenis Ponteareas, o Club Badminton Ponteareas, a Sociedad Deportiva Juvenil de Ponteareas, o Club Natación Ponteareas, a Sociedad Deportiva Oliveira, o Club Deportivo Cultural Areas, o Fútbol Club Xinzo, o Club Patinaje Artístico Luar,  a Asociación Deportiva Vila do Corpus Fútbol Club, o Club Deportivo Minhofer, o Teabikes, o Sporting Club San Mateo, a Sociedad Deportiva Ponteareas.

Con esta iniciativa, a institución provincial apoia ás asociacións e clubs deportivos que traballan na promoción e o fomento do deporte base cun novo modelo no que os concellos son partícipes canalizando o reparto de material.