Todos os mércores do verán a biblioteca municipal viaxa á praia da Freixa para sorprender aos cativos e cativas con actividades de lecer

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, anima a todas as familias a participar na actividade, ofertada totalmente de balde, Bibliofreixa 2019 todos os mércores de xullo e agosto de 17:30 a 19:30 horas fronte as terrazas de A Freixa.

Coa intención de levar a biblioteca aos espazos públicos, Fernando Groba explica que son actividades dirixidas á infancia para promover a lectura e espertar a curiosidade polo mundo máxico das letras.

Marcapaxinas, colorea o verán, xogos, obradoiros, contacontos, música e moitas outras sorpresas no obradoiro da Bibliofreixa.