Todo preparado para as “6 horas Vila do Corpus”

 

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e membros da asociación deportiva Corredores Festeiros, presentaron esta semana a segunda edición das “6 horas nocturnas Vila de Corpus” que terá lugar mañá sábado de 20 horas a 02:00horas con saída na Praza Maior.

Este evento deportivo brindará, un ano máis, o seu apoio á Asociación Down-Vigo, asociación adicada á integracións de persoas con síndrome de Down, quen terá durante a proba un stand onde informarán a súa asociación á veciñanza sobre a mesma. Neste stand venderanse camisetas solidarias da proba. O ano pasado, cos 5600 € que se conseguiron coa proba, desenvolveron o proxecto “Alida”, que consiste nun curso da Universidade de Vigo de dous anos de duración, onde un grupo de rapaces e rapazas con síndrome de Down e discapacidade intelectual se están formando para realizar traballos no ámbito da administración de empresas.

Nesta carreira tamén actuarán, para amenizar a tarde-noite, a Charanga SDK e o grupo Roncofol.

Cun perfil plano e coa opción de partipar de xeito individual ou por equipos, os corredores darán o mellor nun percorrido urbano dun quilómetro.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas,  agradeceron o esforzo realizado pola organización, polas empresas colaboradoras con este evento deportivo de carácter social, e deron a benvida a tódolos corredores e corredoras que dan un exemplo de superación e compromiso cunha causa e un proxecto como o de Down Vigo.

“Como non pode ser doutro xeito, animimoas a tódalas persoas a achegarse ata a Praza Maior este sábado pola noite para colaborar con esta proba que ten unha finalidade social importante, e agredecemos tamén a todos aqueles que dun xeito ou doutro fan posible que esta segunda edición da carreira”, indicou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.