Todas e todos convidados ao concerto de Voces de Arrieiro na Casa Cultural de Celeiros

A Casa Cultural de Celeiros acollerá este domingo día 15 a actuación de Voces de Arrieiro no marco do programa Cultura 24 que leva actividades de lecer ás 24 parroquias.

Voces de Arrieiro actuará ás 17 horas de xeito gratuíto e para tódolos públicos.