Teresa Novoa e a Banda de Música de Xinzo pechan a programación das festas de San Miguel

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a concellería de Cultura do Concello de Ponteareas ofrecerá un concerto de Zarzuela no auditorio municipal de Ponteareas e no auditorio do seu Centro Cultural.

Xunto á laureada soprano ponteareá, Teresa Novoa, ofrecerán dous concertos temáticos sobre zarzuela esta fin de semana. O primeiro será este sábado día 30 de setembro no auditorio do Centro Cultural de Xinzo ás 21 horas, e o segundo o domingo 1 de outubro ás 20 horas no auditorio municipal de Ponteareas, este último será grabado en directo pola Radio Galega e porá o broche de ouro ao peche das festividades de San Miguel, patrón do Concello de Ponteareas.

O público asistente poderá desfrutar dun espectáculo único, donde se combina o canto coa música bandística. Tódalas obras que se interpretarán serán íntegras do xénero da Zarzuela, entre as que destacan “Las hijas de Zebedeo”, el chotis de “La Gran Vía” o el “El último romántico” de Reveriano Soutullo entre outras obras. Moitos dos arranxos musicais necesarios para interpretar estas Zarzuelas con voz e música foron cedidos por José Luis Represas Carrera, compositor natural de Xinzo, e por José Iglesias Ramilo, Director da Banda de Música de Valladares. 

“O repertorio é moi ameno e grato tanto para o público como para os propios músicos, xa que a Zarzuela é un xénero que soe gustar sempre e funciona moi ben con este tipo de agrupación musicais”, expón Teresa Novoa.

Segundo palabras do propio Director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, D. Roberto Sánchez, “a música de banda tradicionalmente sempre tivo varias Zarzuelas no seu repertorio, pero é moi distinto facer unha interpretación instrumental, a supeditar toda interpretación a unha liña melódica vocal, como a que neste caso nos ofrecerá Teresa Novoa. O fraseo, e en concreto o pulso musical, neste repertorio vai ao servizo do texto, o que fai que o resultado da execución sexa verdadeiramente espectacular”.