Terceira Mostra de Artesanía Tradicional do Condado e A Paradanta

cartel-nogueira-artesaniaO vindeiro domingo 10 de maio terá lugar a Terceira Mostra de Artesanía Tradicional do Condado e A Paradanta na parroquia ponteareá de Nogueira. O evento, que dará comezo ás 11:00 horas, está organizado pola Asociación Tempo de Lecer de Nogueira e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas.

A organización ten prevista multitude de actividades. Os visitantes terán a oportunidade de recordar a artesanía e os oficios tradicionais, con demostracións de máis de 50 artesáns galegos que van dende zoqueiros ata selleiros, pasando por barbeiros. Por outra banda, os máis cativos poderán aprender varios xogos tradicionais.

Os visitantes tamén contarán coa posibilidade de gozar dunha visita guiada ao “Muíño das Freixas” e poderán comer o polbo preparado por un pulpeiro profesional. Contra as cinco da tarde, a charanga SDK amenizará a estancia de todas as persoas que se acheguen a desfrutar desta terceira edición da mostra.