Taller de ideas en Ponteareas

LOGO_REDE_GALEGAA concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas, dirixida por Andrés Sampedro, participa na organización dun “Taller de Ideas: Cara o emprendemento dende a participación”. Este taller de ideas pretende ser un elemento impulsor da participación dos mozos e mozas de Ponteareas, facendo referencia á súa importancia como elemento educativo no ámbito non formal e habilitando aos participantes en competencias sobre redacción e execución de proxectos de participación.

Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove (que financia ideas impulsadas por mozos e mozas con ata 4000€), ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade.

Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.

O “Taller de Ideas: Cara o emprendemento dende a participación” levarase a cabo o día 12 de marzo, a partir das 18:30 horas na OMIX de Ponteareas, situada no edificio da Biblioteca Municipal.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas ou a través do correo electrónico: omix@ponteareas.es, ou chamando tamén ao teléfono 672 105 468.