Subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia

deporte galegoHoxe martes día 15 de abril  publicase no DOG Resolución do 7 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013).

Beneficiarios:

Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

Obrigas dos beneficiarios

1.1. As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e en particular a adoptar as seguintes medidas de identificación, información e publicidade da subvención concedida:
a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.es/ nos medios de comunicación da entidade. Así mesmo, os clubs que compitan a nivel estatal deberán incluír no vestiario deportivo oficial o citado logotipo.
b) Colaborar nas actividades programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa.
c) Facilitar a incorporación dos deportistas nas convocatorias das seleccións galegas para participar en torneos ou campionatos oficiais ou amigables.
d) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. En todo caso, e segundo o artigo 49.1.h) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011, os beneficiarios das subvencións acollidas a esta resolución quedan exentos de achegar os xustificantes das anteriores obrigas.
f) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.
g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 17 das presentes bases.

1.2. Os beneficiarios das subvencións quedan sometidos ás actuacións de control financeiro que lle correspondan á Consellería de Facenda e ás previstas na lexislación do Consello de Contas ou do Tribunal de Contas.

Requisitos:

Para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo na aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas Galicia Activa (galiciactiva.xunta.es), para introducir nela todos os datos das súas actividades e, de ser o caso, os datos referidos ás instalacións de titularidade da propia entidade.

Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación:

Solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

Para tódolos solicitantes:

  •     Copia do NIF.
  •     Copia do DNI do representante da entidade no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade telematicamente.
  •     Declaración doutras axudas (anexo III).
  •     No caso das SAD, ademais, declaración de axudas de minimis (anexo VIII).
  •     No caso das SAD, ademais, declaración responsable de non ter a condición de empresa en crise (anexo IX).
  •     De ser o caso, certificación correspondente á actividade Coñece o meu club Programa Xogade. 

No prazo de presentación de solicitudes, se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Datos solicitude e prazos:

Prazo de presentación : 16/03/2013 – 15/04/2013.

INFORMACIÓN:

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA- XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE DEPORTES
R/ Fernández Ladreda nº 43-5º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986803926 Fax: 986803924

http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=PR&procedimiento=945C&version=0.0&idioma=gl_ES.