As súas maxestades os Reis Magos chegarán a Ponteareas en helicóptero

faro de vigoO gran día esperado polos nenos e nenas chega e os Reis Magos visitarán Ponteareas o luns, día 5 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, descendendo dun helicóptero que os transportará ata Ponteareas

As súas Maxestades de Oriente chegarán a Ponteareas en helicóptero, sendo recibidos polo alcalde, Salvador González Solla, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, no campo de fútbol do Colexio Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas.

Tras ser recibidos polas autoridades, subirán ás súas respectivas carrozas, acompañados por tres carrozas máis onde irán os seus paxes. A gran cabalgata estará formada por unha gran comitiva composta por un grupo de motos e coches antigos, xinetes do Club Hípico Char, ciclistas do Club Ciclista de Ponteareas, a Unidade canina de Protección Civil de Ponteareas, un grupo de animación infantil con Mickey Mouse, o Pato Donald ou Bob Esponxa, entre outros personaxes. Así mesmo, os Reis Magos irán acompañados da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Banda de Música Popular de Rubiós, a Rondalla de Valadares e a charanga SDK de Guláns, os que porán a animación musical á comitiva. Pechará a cabalgata real os coches de Protección Civil e Bombeiros de Ponteareas.

Os Reis Magos percorrerán as rúas do centro urbano de Ponteareas, saíndo do Colexio Nosa Señora dos Remedios, e facendo o percorrido habitual, repartíndolles aos nenos máis de 1.000 quilos de caramelos para, finalmente, as Súas Maxestades achegarse ao Auditorio Reveriano Soutullo, onde recibirán aos nenos de Ponteareas, os cales serán agasallados con máis de cen regalos traídos polas súas maxestades desde Oriente e onde os máis pequenos poderán, ademais, gozar dun espectáculo de animación infantil.

Para facer máis levadeira a espera da Comitiva real, o Concello de Ponteareas organiza, como desde hai varios anos, unha gran chocolatada gratuíta, a partir das 17:30 horas na Praza Maior.