Sofía Álvarez, do Club Bádminton Ponteareas, desprázase a Granada para participar no Campionato de España Sub 13

O concello de Ponteareas felicítaa pola súa traxectoria e deséxalle sorte nesta nova competición
O Club, equipo técnico e compañeiros anímana a seguir traballando

O concello de Ponteareas traslada o seu apoio á deportista, Sofía Álvarez, do Club Bádminton Ponteareas que esta fin de semana se despraza ao pavillón municipal de Ogíjares, Granada, para disputar o Campionato de España Sub 13 na categoría individual e dobres mixtos.
Este ano Sofía (sub 13 de primeiro ano) acadou o subcampionato galego en sub 13 (individual e dobres mixtos) e quedou terceira na liga galega sub 15 (individual e dobres mixtos).
A nivel nacional xogou varios Máster, en Medina del Campo, Gijón, Oviedo… acadando sempre podium en dobres.
Na categoría dobres mixtos, Sofía Álvarez xogará con Rodrigo Sanjurjo do CB A Estrada.
Segundo Víctor Lemos, do Club Bádminton Ponteareas, “será unha gran experiencia a nivel nacional e dende o Club, corpo técnico e compañeiros desexámolle moita sorte”.
Ás mensaxes de sorte e felicitacións por chegar a esas competicións, súmase o concello de Ponteareas que segue na súa liña de aposta polo deporte base.