Silvia Taboada proclámase campioa galega de baile latino

A bailarina radicada en Ponteareas e a súa parella acadaron o primeiro posto do campionato celebrado en Narón

 

12985465_10204866755103697_4415762678676643771_nSilvia Taboada, directora dunha escola de música situada en Ponteareas dende hai máis de 7 anos, e a súa parella profesional, Celso Galán, obtiveron o título de campións galegos de baile deportivo na décimo quinta edición do Trofeo B. D. Cidade de Narón, celebrado o pasado 10 de abril.

 

Trátase dunha parella que xa competiu de maneira profesional nos inicios do baile deportivo e de Salón en Galicia, hai agora 15 anos, e que decidiu volver á competición despois de todo este tempo, comezando a adestrar no pasado mes de xuño.

 

“Unha parella repleta de talento que dende que reanudaran a súa andadura profesional non paran de conseguir éxitos deportivos, tal e como se demostrou tamén recentemente co consecución do subcampionato galego dos 10 bailes”, lembrou o edil de deportes, Benito Márquez.