A sétima edición do Open de Tenis Vila do Corpus que se realizará do 24 de xuño ao 10 de xullo abre o seu prazo de inscrición

Ponteareas acollerá un ano máis nas pistas da Freixa o Open Tenis Vila do Corpus organizado polo Club Tenis Ponteareas, coa colaboración do Concellería de Deportes.

P1020693_resultOs interesados en participar no torneo, que deben estar federados, poderán anotarse ata ás 21.00 horas do 21 de xuño por unha cuota de 8 euros. Para poder participar haberá que facilitar ben ao teléfono 607161182, ben ao correo electrónico clubtenisponteareas@hotmail.com nome, apelidos, número de licencia, club e teléfono de contacto. Todas as inscricións serán confirmadas polo club organizador. O torneo terá categorías masculina de alevín, cadete, senior e veteranos maiores de 35, e feminina de alevín, cadete e senior.

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima “a toda a veciñanza a achegarse ata as pistas da Freixa para disfrutar dun dos actos con máis tradición de Ponteareas e que xa goza de gran renome máis alá do noso termo municipal”.