Setenta nenas e nenos gozan das vacacións na segunda quincena do Campus Tea e Verán Rural

Preto de setenta nenos e nenas gozan do verán na segunda quincena do Campus Tea e Verán Rural.

O Campus Tea urbano e o Verán Rural son iniciativas da Concellería de Educación, dirixada pola tenenta de alcalde Cristina Fernández, que dende hai seis anos supoñen un apoio para as familias durante a tempada estival. En quendas de quince días e subvencionados co apoio da Deputación de Pontevedra, os campametos ofrecen tamén a posibilidade de aula matinal.

Baixo a filosofía de espertar a curiosidade, de ampliar o seu coñecemento sobre a súa vila e sobre a súa contorna e de fomentar hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente, os campamentos de conciliación promoven actividades lúdicas e didácticas para ofrecer un tempo de lecer de calidade.

Cristina Fernández achegouse nestes días a despedir ao alumnado da primeira quincena ao que entregou agasallos e tamén deu a benvida aos e ás novas participantes.

Nesta edición e para garantir a seguranza e a distancia interpersoal úsanse máis espazos individuais para os grupos e quendas para os almorzos. As e os monitores tamén limitan o achegamento físico ao alumnado suplindo as distancias coa intensificación doutras técnicas de socialización.