Cim (Centro de información a Muller)

Rua Oriente SN
Tel.: 986 64 46 53
[email protected]
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 15:00 horas

O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Concellería da Muller, que proporciona con carácter permanente:

  • Asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación profesional.
  • Información en materia de recursos.
  • Calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o demanden.
  • Información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

Os principios de actuación do CIM son:

O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión contraria destas.

O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.

A gratuidade de todos os servizos que se houberan de prestar, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.

O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Os horarios de atención do CIM, de luns a venres, son os seguintes:

  • Atención ao público: das 09.00 ás 15.00 h
  • Atención xurídica: das 09.00 ás 15.00 h, xoves
  • Atención psicolóxica: das 09.00 ás 15.00 h, mércores e venres