Ponteareas Participa – Participación Cidadá

Para poder opinar deberá cumprimentar o formulario, sendo todolos campos obrigatorios. Unha vez emitida a opinión será validada e exposta nesta mesma páxina.

NORMATIVA QUE SE SOMETE A CONSULTA PREVIA

Ordenanza reguladora da taxa do cemiterio municipal

Existe a necesidade de actualizar a ordenanza por estar desfasada en tarifas.Tamén conten unha omisión grave desde a última modificación porque a clasificación de parcelas non se corresponde coa realidade actual e impide tarificar o feito impoñible.Tampouco inclúe as porcentaxes de bonificación por parentesco nas transmisións. É necesario actualiza o máis axiña posible para que se poida aplicar a expedientes xa iniciados.

Ordenanza reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos

Dado que vai ser necesario elaborar unha nova norma que é a Ordenanza única de regulación integrada do exercicio de actividades económicas e apertura de establecementos públicos, tamén vai ser necesario adaptar a Ordenanza fiscal de taxas. Ademais preténdese actualizar os importes, así como introducir bonificacións nos cambios de titularidades

Ordenanza reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licenzas para construción, obras e instalacións

Preténdese a modificación á baixa do tipo de gravame tributario, a revisión de bonificacións xa existentes, así como introducir novas bonificacións. Aproveitaríase para introducir cambios na forma de xestión do tributo en atención a conseguir unha forma máis eficaz e eficiente no procedemento da liquidación e pago do imposto.

Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Nesta ordenanza pretendemos actualizar prezos das taxas pola expedición de documentos, introducir os cambios necesarios pola existencia da nova administración electrónica, así como unificar e reordenar todas as modificacións existentes nun so texto normativo.

Ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Neste imposto que grava a titularidade de vehículos de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría preténdese reducir as tarifas, así como actualizar as bonificacións e exencións.