A sentenza do xulgado dí que o expediente disciplinario tramitado a un funcionario ten un defecto de forma, que o goberno municipal xa acordou subsanar, mantendo os mesmos feitos e o mesmo contido.

concelloAs manifestacións feitas nestes días nos medios de comunicación, por parte da CIG e do traballador sancionado, acerca dun expediente disciplinario que o Goberno municipal aperturou a un funcionario, son falsas. En ningún caso a sentenza lle da a razón ó traballador, nin dí que non proceda dito expediente.

A Comisión de Goberno en marzo de 2014 resolveu o Expediente Disciplinario dun funcionario municipal do Concello cunha sanción de 2 meses de suspensión de empleo e soldo, por non querer cumprir co control de puntualidade e presencia (sistema de fichar) imposto de maneira obrigatoria dende outubro do ano 2012.

O goberno municipal, na súa postestade de autoorganización, estableceu no ano 2012 que todos os empregados municipais, tanto laborais como funcionarios, tiñan a obriga de fichar.

Despois de crear os ficheiros correspondentes para o cumprimento da Lei de Protección de datos de carácter persoal, comunicouselles a todos os empregados cándo entraba en vigor a obriga de fichar, cal era o número de horas de promedio semanal que debían facer, e que debían pasar polo departamento de persoal para que lle recolleran a pegada dactilar

Dos 220 traballadores municipais, 2 funcionarios negáronse dende o primeiro momento a fichar, e despois de dous anos de moitos escritos reiterándolles a obrigatoriedade, concluiuse con sendos expedientes disciplinarios. Un dos cales pechouse por xubilación a principios deste ano 2014, e o outro finalizou cunha suspensión firme de funcións por un período de 2 meses que conleva a suspensión de retribucións durante idéntico período, porque quedou demostrado que “non acudiu de forma consciente e voluntaria á toma da pegada dactilar” necesaria para a utilización do sistema de control horario existente no Concello, a pesares das diversas notificacións individuais e colectivas que se lle realizaron, tívose en conta a “intencionalidade manifesta do incumprimento”, considerouse polo tanto “responsable de omisión na súa obrigación” e foi calificado como falta disciplinaria grave.

Este funcionario recurriu ante o Xulgado a sanción disciplinaria de suspensión de funcións por 2 meses con suspensións de retribucións durante o mesmo período, e a sentencia que dicta o Xulgado Contencioso-Administrativo o 3 de novembro de 2014, dí que existe un “defecto de forma” no expediente, e que non é mais que, que o instructor nomeado non pode ser un membro da Corporación municipal, como foi o caso, senon que debe ser un funcionaro público pertencente a un corpo ou escala de igual ou superior grupo ó inculpado. Tal defecto de forma é considerado como de nulidad de pleno dereito e determina a nulidade de todo o expediente.

No obstante, como se trata dunha infracción grave xa que o traballador expedientado desobedeceu as órdenes que se lle estaban dando, de forma consciente, reiterada e a sabendas de que estaba incumprindo, feitos que non prescribiron, o Goberno municipal acordou iniciar de novo o expediente polos mismos feitos e co mesmo contido, pero nomeando como instructor a un funcionario.