Sentenza construccións Vale

logo

A concelleira de Facenda, Belén Villar González, saíu hoxe ao paso das declaracións formuladas polo concelleiro nacionalista, o Sr Represas, en relación coa sentencia que obriga o Concello a pagar 402.233 euros a empresa CONSTRUCCIONES VALE.

Explica a responsable de Facenda do Concello de Ponteareas que a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prodúcese despois de que os servizos xurídicos deste Concello fixeran varios recursos de apelación o entender que gran parte da cuantía estaba prescrita e outra parte de facturas non eran conformes porque relacionaban conceptos que estaban duplicados.

En ningún caso, este Goberno pretende non pagar as obrigas que ten este Concello, tanto as que proveñen da súa xestión como as obrigas que proveñen da xestión doutros Gobernos, pero sempre que exista dúbida e así quede reflexado nos informes xurídicos, loitará pola defensa dos intereses municipais, non asumindo mais débedas que as que proceda.

Por outra banda, a concelleira Belén Villar quere lembrarlle ao BNG que este Goberno non ten intención ningunha de evadir as súas obrigas para con esta empresa constructora, e mostra diso é que no ano 2012, o Concello pagoulle outra cantidade de 351.200 euros, e o resto ao que se fai referencia na sentenza “non se fixo efectivo ao non consideralo procedente os servizos xurídicos e os de intervención do Concello de Ponteareas, e non se incluiu no Plan de Pago a Proveedores porque era unha

 

débeda que o estar reclamada polo xulgado, non reunía os condicionantes que marcaba o decreto e non se podía incluir”.

A Concelleira de Facenda quere tamén informar o Sr Represas, “por se non o sabe” que preto do 40% do total reclamado pola sentencia xudicial “corresponden a facturas dos anos 1993 a 1998 e, dado que o seu grupo formou parte do goberno bipartito BNG-PSOE entre os anos 2003 e 2004, puideron ter feito fronte a eses pagos co que, a día de hoxe, non estarían sendo reclamados por vía xudicial”.

O triste do caso, engade Belén Villar, “é que durante ese tempo de goberno bipartito, nin fixeron fronte ás débedas anteriores que tiña o Concello de Ponteareas, como estamos facendo nos, e nin tan sequera pagaron as débedas por eles orixinadas durante o seu mandato”, lonxe disto remata a concelleira ponteareá, “incrementaron a débeda municipal en máis de 3 millóns de euros en só 11 meses”.

Remata Villar González afirmando que o Grupo de Goberno está “para defender os intereses dos veciños e veciñas do municipio e, precisamente por iso, non faremos fronte aos pagos que non estean debidamente acreditados e cos informes favorables dos técnicos municipais responsables”.