Seis finais diferentes para pechar o VII Torneo de Tenis Concello de Ponteareas

Os partidos decisivos do campionato disputaranse o domingo 20 de setembro de maneira repartida entre as pistas de Reiro e A Freixa

torneo-tenis-concello-ponteareasA sétima edición do Torneo de Tenis Concello de Ponteareas celebrará as finais das diferentes categorías o vindeiro domingo 20 de setembro. O campionato organizado polo Club Tenis Ponteareas, que ten a colaboración da concellería de Deportes xestionada por Benito Márquez, contou coa participación de más de 90 tenistas que competiron durante 15 días nas pistas da Freixa e de Reiro.

Estas instalacións acollerán tamén, de maneira repartida, as finais de todas as categorías. As pistas da Freixa serán testemuña da final na modalidade de dobres e da final do cadro de consolación na categoría sénior a partir das 15:45 horas. Tamén na área recreativa da Freixa terán lugar as finais das categorías sénior e júnior masculinas a partir das 17:30 horas.

A pista de Reiro acollerá o último partido do cadro de consolidación en categoría júnior a partir das 15:45 e a final do cadro de consolidación en categoría feminina a partir das 17:30 horas.