Seguridade Cidadá comeza unha campaña de prevención en detección de fume

A concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández realiza unha campaña de prevención en detección de fume en colaboración cos bombeiros de Ponteareas que visitarán os centros culturais das parroquias para impartir charlas e agasallar aos e ás participantes detectores de fume para os fogares.

Mañá martes ás oito da tarde estarán en Angoares e ás nove da noite en Moreira. Os mércores trasladaranse a Arcos ás oito da tarde e a Fontenla ás nove da noite. 

O xoves estarán en Areas ás oito da tarde e en Guláns ás nove da noite e xa o venres ás oito da tarde os bombeiros e a concelleira estarán en Arnoso e ás nove da noite en Xinzo.