Seguridade cidadá adquire equipamentos para a mellora na resolución das emerxencias

A concellería de Seguridade Cidadá do concello de Ponteareas inviste na mellora dos equipamentos dos bombeiros para que poidan desempeñar un servizo máis óptimo e eficaz e dispoñan de ferramentas actualizadas que supoñan actuacións máis rápidas e efectivas.

A concelleira titular, Vanesa Fernández, explica que con cargo aos fondos UNEXPA mercouse unha bomba de achique para o camión para poder usala en lugares donde non hai corriente eléctrica e unha bomba nova de excarcelación menos pesada e con mellores prestacións.

Ademais, comprouse un cargador de botellas para equipos de respiración autónomos máis moderno capaz de cargar dúas botellas en dez minutos, “o que tiñan os nosos bombeiros cargaba só unha botella e tardaba vinte minutos. Dispor de equipos eficientes e eficaces é fundamental e decisivo en moitos casos de emerxencias”.

Tamén se mercou un estabilizador de vehículos para estabalizar en vertical en caso de vuelco e que tamén facilita o acceso aos bombeiros que poden utilizalo para subir.

Seguridade Cidadá fíxose tamén con material de rescate en altura, tres cámaras térmicas individuais para ver en situacións de incendios e fume intenso e localizar persoas, un xogo de balizas luminosas para sinalizar e material diverso necesario para as funcións cotidiáns, ademais de material de ximnasio e dunha pértiga de fibra de carbono máis manexable e dunha soa peza. 

“Investir nos equipamentos de emerxencias é investir na mellora da atención á cidadanía”, conclúe Vanesa Fernández.