Se tes máis de doce anos achégate á Feira Vella e desfruta dos obradoiros de Mocidade Viva

A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, convida aos mozos e as mozas maiores de doce anos a participar nas actividades enmarcadas na programación de Mocidade Viva que arrancan de novo hoxe no parque da Feira Vella cun obradoiro de globoflexia e papiroflexia a partir das 21 horas. 

Mañá sábado tamén ás 21 horas na Feira Vella haberá un obradoiro de personalización de gorras e camisetas.

Miguel Bouzó adianta pide a colaboración de toda a mocidade no cumprimento das normativas de hixiene e seguridade por mor da COVID-19.